Escoitar

Norma para as fogueiras da noite de San Xoan

Os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima, para que, o Servizo de Bombeiros poida levar a cabo a revisión e control desta.

luns, 20 xuñ 2011
1308573589fogueira.jpg
1. As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. (achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación ca indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).

2. Terá de presentarse unha POLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL cunha cobertura polo importe de 150.000 € a nome do solicitante achegando conxuntamente o comprobante de estar ó corrente de pago.

3. Os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima, para que, o Servizo de Bombeiros pida levar a cabo a revisión e control desta.

4. O volume de material combustible non superará os 8 ms. de diámetro nin os 3 ms. de altura.

5. A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 ms. Porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables (ó aire ou almacenados).

6. Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, aceites, etc... e calquera outra substancia que conteña líquidos inflamables que desprendan fumes tóxicos así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que contiñan líquidos inflamables ou gases a presión(sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen o patrimonio histórico, ós efectos de evitar calquera tipo de dano.

7. No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso públicos lousados, asfaltados ou pintados, os/as organizadores/as, encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm. en toda a superficie da fogueira.

8. Ö finalizar a fogueira, e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas, e procederan á limpeza inmediata do espazo autorizado.

En todos os casos, os/as solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
Descargar todas as imaxes