luns, 20 xuño 2011

O alcalde e o delegado do Goberno visitan as obras da nova comisaría da Policía Nacional, que rematarán en novembro

Abel Caballero e Miguel Cortizo coñeceron este luns de primeira man a marcha das obras de construcción da nova comisaría da Policía Nacional en Vigo, ubicada en López Mora, que ten prevista a súa finalización para o mes de novembro. O Goberno de España destina 15 millóns para esta infraestrutura, de 14.500 metros cadrados. O delegado do Goberno en Galicia visitou posteriormente o Concello de Vigo, onde asinou no Libro de Honra municipal.

Jazz na Noite reune a dez músicos no escenario do Xancarajazz nunha jam latina

O MARCO acolle dentro de Imaxina Sons un desafío de violoncelos cos músicos Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira

luns, 20 xuñ 2011

O martes 21, continua o programa de Imaxina Sons no MARCO. Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira formulan un xogo entre violoncelos na procura da súa propia esencia, dos valores intrínsecos dun instrumento que, de súpeto, pode verse afastado da súa sonoridade máis popular. O martes 21 Jazz na Noite ten lugar no Xancarajazz (Isabel II, 6) cunha proposta da asociación cultural Cumbe, desde A Coruña, que reúne a dez músicos no club vigués.

Cursos monográficos de verán da Escola Municipal de Teatro

luns, 20 xuñ 2011

Cada verán, a Escola Municipal de Teatro presenta unha nova oferta de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no mundo teatral, que queiran perfeccionar a súa técnica ou ben iniciarse no coñecemento teatral. Do 27 de xuño ata o 15 de xullo desenvolveranse os obradoiros de seguridade escénica, creatividade corporal e creación colectiva na escena.