CONVOCATORIA PARA O ANO 2011 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008–2011<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituídos no período comprendido entre o 1 de xuño de 2010 e o 31 de maio de 2011 e que cumpran os requisitos establecidos nas bases, como:
Desenvolver a actividade e ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo.
Estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial.
Pertenza a un dos colectivos seguintes:
persoas paradas de longa duración,
maiores de 45 anos,
mozos/as ata 30 anos,
mulleres,
persoas discapacitadas,
persoas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte a data de publicación no BOP e rematará o día 1 de agosto de 2011.
As solicitudes presentaranse, segundo modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á creación de empresas"
INFORMACIÓN:
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
Tfno.: 986 810 232; Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que se ten que presentar, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org