O Auditorio Municipal acolle o venres unha representación da compañía Elefante Elegante Teatro

A compañía "Elefante Elegante" representará no Auditorio Municipal o venres 17 de xuño, ás 22,00 h o espetáculo "IN" que indaga na representación contemporánea da figura humana. A súa poesía visual nace da fusión do teatro coa danza, o vídeo e as artes plásticas.

xoves, 16 xuñ 2011
1308228884in.jpg
IN" significa "dentro" en inglés e "estar in" quere dicir "estar na moda". "IN" xorde da confrontación entre o interior e a aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos?

A acción desenvólvese ao redor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa, ciúme e luxuria cun pseudo ideal de beleza como pano de fondo.

A representación forma parte da programación estable das artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal.
Descargar todas as imaxes