O alcalde anuncia unha reducción do 50% nas dedicacións dos concelleiros do goberno local
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da reducción nas dedicacións do goberno local con respecto á Corporación anterior. Caballero anunciou que haberá seis dedicacións exclusivas e unha parcial, polas trece exclusivas do anterior mandato. Tras o Pleno celebrado hoxe, o grupo do PP baixará de catro a tres os seus liberados e reducirá a súa asignación económica e o BNG terá dous exclusivas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o goberno local reducirá á metade ás súas dedicacións exclusivas, pasando dos trece no executivo anterior ás seis e unha parcial do actual.
Así o indicou Caballero tras a aprobación plenaria do réxime de dedicacións, polo que o goberno terá seis exclusivas e unha parcial para os once edís e a oposición sumará cinco -tres do PP e dous do BNG-.
Os concelleiros liberados do goberno de Vigo serán, ademais do alcalde, Chus Lago, Raquel Díaz, Carlos Font, David Regades e Manel Fernández, xunto coa media dedicación de Santos Héctor. O acordo plenario estipula un máximo de 10 liberados, opción que non exerce o goberno en aras da "austeridade", segundo explicou o primeiro edil.
O alcalde de Vigo asegurou que "os tempos reclaman" unha política de "austeridade" na administración pública e adiantou que está "é a primeira medida" neste sentido, e "virán máis".
O Partido Popular introduciu unha enmenda para rebaixar de 39.150 euros a 29.980 euros a súa asignación como grupo político municipal, enmenda aprobada polos tres grupos políticos, e os edís populares con dedicación parcial cobrarán un 10% menos. O BNG, pola súa banda, asegurou que a reducción dos seus gastos como grupo superarán o 50% con respecto ao mandato anterior.
Descargar todas as imaxes