Campaña "A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres"

A Casa das Mulleres acolle desde o día 20 ao 24 de xuño diversas actividades arredor da Campaña Mundial de Educación " A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres"

xoves, 16 xuñ 2011
Durante esa semana poderase visitar a exposición " A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e das mulleres".

O luns 20 de xuño ás 19.30 h proxectarase o filme: "Buda explotou por vergoña"

O mércores 22 de xuño ás 20.00 h Mesa Redonda: "O impacto da educación nas mulleres e nas nenas"

Lugar: Casa das Mulleres
Rúa Romil,20