Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Peche ao tráfico da rúa AREAL e o TUNEL DE BEIRAMAR <br />

venres, 17 xuñ 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa CONSTRUCCINES CRESPO, estará pechada ao tráfico a rúa AREAL, rotonda de entrada saida do túnel de Beiramar, dende o luns 20 de xuño de 2011 ás 23:00 horas e por un período aproximado dunha noite.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 07:00 horas do
día 18 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días pola empresa UTE MOVEXVIAL CRESPO de reparaciónde xuntas de dilatación da rotonda de acceso ao Porto que distribúe os tráficos do túnel de Beiramar - AP9 - Xulián Estévez - Porto, estará pechado ao tráfico o TUNEL DE BEIRAMAR en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón - Sanjurjo Badía - Xulián Estévez. Tamén estará pechado en ámbolosdous sentidos o TÚNEL QUE COMUNICA COA AP9 (baixo a rúa García Barbón), polo que, o acceso a/dende a AP9 deberá realizarse a través da rúa Isaac Peral,
O acceso ao Porto realizarase a través da rotonda da rúa Areal.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.