Avishai Cohen inaugura o sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons e
Comeza unha nova edición de Imaxina Sons o venres 17 de xuño cun esperadísimo concerto do contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h. A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.
O músico responsable de abrir a sétima edición de Imaxina Sons está vivindo 2011 como o mellor ano profesional e artístico da súa vida. Se o público responde nos concertos de Avishai Cohen, a crítica de jazz loa sen contención o seu último disco. Seven seas (Blue Note Records, 2011) aparece como o punto álxido na traxectoria desta estrela do jazz e posiblemente sexa o grande acontecemento do jazz neste ano. A súa escoita devólvenos unha idea da fermosura procurada polo contrabaixista –ademais de voz- ao incorporar a tradición latina e sefardí, como xa fixera nos discos anteriores Aurora (2009) e Sha’ot Regishot (2008), tamén editados con Blue Note. A proposta no escenario resulta á vez sofisticada e hipnótica, con momentos acelerados de ritmo que non permiten a desconexión da audiencia do que está escoitando e vendo. Para a súa formación de trío, Cohen acompáñase do batería Amir Bresler, un portento de vintedous anos, e Nitay Hershkovits no piano.
O contrabaixista e cantante formouse como músico de jazz en Nova York; até aquel momento e desde a nenez Avishai Cohen dedicarase a estudar música, primeiro centrouse no piano e despois no baixo eléctrico. Na cidade estadounidense integrouse no trío do pianista Danilo Pérez e no sexteto do pianista Chick Corea, que apadriñou ao talentoso músico. Tamén gravou e tocou con músicos como Bobby McFerrin, Roy Hargrove, Herbie Hancock ou Paquito D’Rivera. Compositor e intérprete xenial; construtor dun jazz moderno que á vez non deixa de ser cálido e vibrante; catalizador de historias e lendas que outorgan unha ampla gama de brillos á súa música. As entradas custan 12 € en butaca, 11 € no primeiro anfiteatro, 10€ no segundo e 9€ no terceiro e poden adquirise na billeteira do Centro Cultural Novacaixagalicia. A venda anticipada de entradas para Imaxina Sons faise no servizo de venda de tickets de Novacaixagalicia ((www.servinova.com e tel. 902 504 500) e tamén na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26) de luns a sábados non festivos de 10h a 13h e de 17h a 20h. As entradas anticipadas teñen uns gastos de distribución de 0,75 céntimos.
Pero a xornada inaugural contará con outras actividades antes e despois do concerto de Avishai Cohen. Da escola A tempo de Pontevedra chegarán pola mañán do venres 17 de xuño os membros de Conexión A Tempo. Este octeto de jazz contemporáneo é un dos participantes de Imaxina na Rúa, o programa que, dentro do festival, céntrase nas escolas e na canteira de músicos que xurden dela. Farán catro pases durante o venres que arrancan na peonil do Calvario, na contorna do mercado de abastos e interpretarán arranxos e composicións de Gerswin, Iñaki Askunze, Oliver Nelson, Duke Ellington, Pedro Iturralde, etc.
E o capítulo máis nocturno do festival, Jazz na Noite, arranca con Gabriel Peso Trío no Xancarajazz (Isabel II, nº 6) a partir da unha e media da madrugada. O grupo fórmase en 2008 con Gustavo Hernán ao contrabaixo, Noli Torres á batería e Gabriel Peso ao piano. As influencias de Bill Evans Trío e Keith Jarret configuran a estética musical desta formación. Os tres membros adquiren a licenciatura na especialidade de jazz no Conservatorio Superior da Coruña. Participan en distintos festivais de jazz como no European Jazz Contest de Roma sendo finalistas do mesmo.
Descargar todas as imaxes