Caballero cifra en máis de 370.000 euros o aforro das dedicacións dos concelleiros do goberno
A Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde de Vigo, asinou este venres o réxime de dedicacións do goberno, no que haberá cinco exclusivas e unha parcial máis a do propio Caballero, a metade das 13 dedicacións do anterior mandato. O gasto nos corporativos do goberno actual suma 373.000 euros, polos 741.000 do anterior periodo, unha "rebaixa excepcionalmente importante" que é "mostra de austeridade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou hoxe venres en máis de 370.000 euros o aforro para as arcas municipais derivado da reducción no 50% das dedicacións exclusivas do goberno de Vigo.
Segundo explicou, a Xunta de Goberno Local rubricou esta mañá o réxime de dedicacións, cinco exclusivas máis á do alcalde e unha parcial de 19 horas, cun gasto total anual de 373.000 euros. No mandato anterior, os liberados ascenderon a 13 cun custe para o Concello de 741.000 euros.
Trátase para Caballero dunha "rebaixa excepcionalmente importante" tanto no número de dedicacións como no propio aforro que representa para o consistorio vigués, unha "mostra de austeridade" que non ten parangón na cidade.
O alcalde explicou que a Xunta de Goberno Local tamén ratificou as dedicacións do grupo municipal do BNG -exclusivas para Santiago Domínguez e Iolanda Veloso, e parcial de 19 horas para Xabier Alonso- mentres que aínda non recibiu proposta algunha do PP.
A reunión do equipo de goberno de Vigo -que celebrarase con asiduidade os venres ás 9 horas- tamén deu luz verde ao nomeamento de persoal eventual dos grupos municipais socialista e nacionalista, catro persoas en cada caso.
Descargar todas as imaxes