Escoitar

O Concello evita unha indemnización millonaria ao adxudicar a xestión da Praza Elíptica á empresa Prazadouro SL

A Xunta de Goberno Local incluíu na orde do día os acordos relacionados coa concesión para xestionar tanto o aparcadoiro coma os locais comercias da Praza Francisco Fernández del Riego. Tal e como explicou o alcalde, Abel Caballero, esta decisión pon fin a un largo contencioso herdado de gobernos precedentes e evitase unha indemnización de 25 millóns de euros.

venres, 17 xuñ 2011
1308315015plaza.jpg
camaravigo.com
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou nesta mañá de venres que a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace a adxudicación á empresa Prazadouro S.L. Da xestión e explotación do aparcadoiro e locais comercias da Praza Elíptica. Segundo explicou o rexedor con esta decisión pon fin "a un longuísimo contencioso que arranca con desatinos en 1998".

Tras máis de 20 anos de problemas a decisión adoptada na xunta local significa que o Concello evitará unha indemnización de 25 millóns de euros. A adxudicación da Praza Elíptica remóntase a principios dos anos 90 e no 2004 o TSXG anula a concesión inicial; unha sentencia ratificada polo Tribunal Supremo en 2006. "Esta é a herdanza que recibimos, cunha sentencia que anulaba a concesión inicial e con ameaza dunha indemnización de 25 millóns", indicou o alcalde.

Abel Caballero explicou tamén que o prego de cláusulas foi aprobado o 19 de maio de 2011 contemplando a adxudicación á empresa actual, "en condicións aceptables e aceptadas polo Tribunal", dixo. Así mesmo asegurou que a concellería de Urbanismo conta xa cun proxecto de area deportiva e de ximnasio que suporá un investimento de 8 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes