Resultados das eleccións municipais 2011

luns, 23 mai 2011

Os comicios celebrados onte domingo, 22 de maio, deixan para a cidade de Vigo un saldo de 13 concelleiros para o Partido Popular, 11 para o Partido Socialista e 3 para o Bloque Nacionalista Galego. Con respecto ao 2007, o PP perde apoios pero mantén o número de electos, o PSOE suma votantes e ascende dous edís, e o BNG cae tanto en sufraxio como en representación, pasando de cinco a tres concelleiros. <br />

Consulta ao censo electoral

xoves, 12 abr 2007

A través da páxina web do Concello <a href='http://hoxe.vigo.org/'>www.vigo.org </a>pódese realizar as consultas de información do censo electoral e coñecer o lugar onde votar nas próximas eleccións municipais.<br />

Concelleiros electos para o exercicio 2003-2007

luns, 26 mai 2003

Os resultados das eleccións municipais celebradas o domingo 25 de maio outorgaron os 27 edís da Corporación entre as distintas forzas políticas, concedéndolle provisionalmente 10 concelleiros ao Partido Popular (PP), 8 ao Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), 7 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e 2 a Progresistas Vigueses (PROVI).

Máis de 5.000 vigueses consultaron o censo electoral

martes, 15 abr 2003

Máis de cinco mil vigueses realizaron consultas sobre as listas do censo electoral durante o periodo de exposición pública que rematou onte. O número de persoas que acudiu á lonxa do Concello para verificar a súa inclusión no censo foi sensiblemente superior ao doutras convocatorias electorais. En Vigo teñen dereito ao voto 250.551 electores.

A oficina de Estatística reforza o horario polas tardes para a obtención de volantes de empadronamento e posibles modificacións dos datos censuais

xoves, 10 abr 2003

O Concello mantén aberto o departamento de Estatística para que os cidadáns poidan efectuar os cambios oportunos nos datos do censo electoral de cara os comicios do vindeiro 25 de maio e para a consecución de certificados de empadronamento para a inscrición dos escolares nos centro de ensino. O horario de apertura ao público é de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30. O prazo para posibles reclamacións ou correccións presenciais remata o luns 14 de abril.