Máis de 5.000 vigueses consultaron o censo electoral

Máis de cinco mil vigueses realizaron consultas sobre as listas do censo electoral durante o periodo de exposición pública que rematou onte. O número de persoas que acudiu á lonxa do Concello para verificar a súa inclusión no censo foi sensiblemente superior ao doutras convocatorias electorais. En Vigo teñen dereito ao voto 250.551 electores.

martes, 15 abr 2003
Durante os sete días hábiles nos que se puideron efectuar reclamacións presentáronse 331, case a metade na última xornada. Como resultado desas reclamacións detectáronse 172 erros nos datos persoais das persoas censadas. Tamén se corrixiron 159 omisións.

Ante a elevada afluencia de persoas ás oficinas municipais de estatística durante a exposición do censo, o Concello decidiu ampliar o horario de atención ao público ás tardes. Tamén se facilitou a consulta do censo a través da páxina web municipal, aínda que este servicio foi suprimido a petición da Xunta Electoral, que considerou que non debía manterse mentres non exista sobre el unha regulación concreta.