Escoitar

Inaugurado o polideportivo de Bouzas

O alcalde di que a dotación será outro elemento que favorecerá a revitalización do barrio

luns, 14 abr 2003
1050320461pavillon3.jpg
Pavillón de Bouzas
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, inaugurou o polideportivo de Bouzas, unha nova dotación deportiva na que o Concello investiu preto de 900.000 euros. Castrillo puxo esta obra como exemplo da preocupación do goberno municipal polo fomento do deporte base e anunciou que proximamente se vai presentar un Plan de Infraestructuras Deportivas no que se recollerán os proxectos que o Concello afrontará nos próximos anos coa colaboración doutras institucións. O elemento central dese Plan é a Cidade do Deporte, un campus deportivo que albergará instalacións de todo tipo accesibles para todos os cidadáns.

Castrillo referiuse ao novo polideportivo como un equipamento que sumado ao campo de futbol, ao novo instituto e ao paseo marítimo fan de Bouzas un lugar moito máis atractivo para residir. O Alcalde está convencido que as novas dotacións e o recentemente aprobado Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Bouzas van facilitar a recuperación da zona.

Ficha técnica do polideportivo de Bouzas

O proxecto foi realizado polo arquitecto Santiago González García por encargo do Concello de Vigo.

Situación

Anexo ao campo de fútbol de Bouzas, a carón do cinto de circunvalación nunha parcela de 4.208 m2 outorgada ao Concello pola Autoridade Portuaria en rexime de concesión.

Características do edificio

O edificio é un volume aberto cun gran ventanal cara o porto de Bouzas para que o público que acuda ao pavillón poida ter dende dentro unha boa panorámica da vila coa igrexa de San Miguel en primeiro termo.

Exteriormente, a uniformidade do edificio rómpese só co corpo prismático da escaleira que une a pista polideportiva co acceso aos vestiarios que están a menor altura. Os accesos están na fachada sur, onde uns grans panos de vidro o protexen do soleamento.

A caixa que acolle o polideportivo presenta un recubrimento exterior de panel prefabricado de formigón branco. O volume que alberga os vestiarios e o ximnasio está revestido de madeira.

Instalacións

A pista polideportiva ten unha dimensión de 27x45m, medidas que permiten utilizar, aparte da pista central, tres campos de baloncesto perpendiculares. Inclúese ademáis un pequeño ximnasio complementario.

Hai seis vestiarios de xogadores e un para árbitros. A bancada pode acoller trescentas persoas. Todo o recinto conta con calefacción.

O total da superficie construída é de 2.679 m2

Presuposto

871.948,60 euros (145.080.040 ptas.)

Empresa constructora

Arias Hermanos Construcciones S.A.
1050320461pavillon3.jpg
1050320529pavillon8.jpg
1050320615Bouzas4.jpg
1050320683Bouzas2.jpg
1050320819Bouzas5.jpg
1050320850pavillon4.jpg
1050320880pavillon5.jpg
1050320936pavillon6.jpg
1050320960pavillon7.jpg
Descargar todas as imaxes