Mercacevi sortea 12.000 euros en cheques-compra nos mercados vigueses
A Concellería de Turismo e Comercio patrocina, xunto con Caixanova e a Consellería de Innovación e Turismo, a campaña "Mercados, centros de moda".
Esta promoción co lema "Leva o producto de moda" pretende facer que os usuarios dos mercados de Vigo participen no sorteo de 12.000 euros en cheques de compra.
A promoción desenvolverase durante 13 semanas e en cada unha delas estará de moda un sector de productos, identificados mediante un distintivo instalado en cada posto.
Durante esta promoción, mercando o producto de moda entregarase unha participación para o sorteo de 12.000 euros en cheques-compra. Os mercados de Bouzas, Cabral, Calvario, Progreso, Teis e Travesas participan na totalidade do premio.
Os premios caducan aos 30 días de seren entregados. Os cheques-regalo unicamente se poderán utilizar nos mercados adscritos a esta promoción. Os comerciantes do mercado non poderán participar nesta promoción. Só se entregará un premio por cliente.
Semanas de moda
Peixe-conxelados:
Do 1/4 ao 5/4, do 5/5 ao 10/5, do 26/5 ao 31/5 e do 23/6 ao 30/6
Carnicería-polería-chacinería:
Do 7/4 ao 12/4, do 28/4 ao 3/5 e do 2/6 ao 7/6
Cafetería-panadería-empanadillas-florería-queixos-froitos secos-téxtil-perruquería:
Do 14/4 ao 19/4, do 12/5 ao 17/5 e do 9/6 ao 14/6
Froitas e verduras:
Do 21/4 ao 26/4, do 19/5 ó 24/5 e do 16/6 ao 21/6
Descargar todas as imaxes