Deportes presenta un plano a escala para fomentar os deportes de orientación na Serra do Galiñeiro
O IV Trofeo internacional "Cidade de Vigo" de carreiras de orientación celebrarase o 3 e 4 de maio organizado pola Asociación galega de clubes de orientación (Agaco) en colaboración coa Universidade e a Concellería de Deportes.
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, e o coordinador do plano de deportes de orientación da Universidade de Vigo, José Armada, presentaron o novo sistema cartográfico que rexerá o IV Trofeo internacional "Cidade de Vigo" de carreiras de orientación.
O plano, a escala 1:10.000, foi elaborado por un cartógrafo búlgaro para a Universidade de Vigo, co obxectivo de fomentar o deporte da orientación. O documento reproduce a escala a serra do Galiñeiro, que se estende de Zamáns (Vigo) a Vincios (Gondomar).
O IV Trofeo internacional "Cidade de Vigo" de carreiras de orientación celebrarase o 3 e 4 de maio organizado pola Asociación galega de clubes de orientación (Agaco) en colaboración coa Universidade de Vigo e a Concellería de Deportes. Este premio contará cunha participación de 400 persoas, segundo estima a organización.
A campaña de promoción deste evento iniciarase no campionato de España que se celebrará en Soria.
Descargar todas as imaxes