Vigo reafirma a súa confianza nas forzas de esquerda

A participación foi cinco puntos superior a dos anteriores comicios

luns, 26 mai 2003
O número de persoas que votou nas eleccións municipais celebradas o 25 de maio foi de 159.957 cun 63,85% de participación. O índice de participación superou en cinco puntos o rexistrado nos anteriores comicios de 1999 que foi de 58,43%.

Os resultados provisionais totais sitúan o PP como partido máis votado polos vigueses con 52.598 votos. Non obstante, a cidade reafírmase en depositar a súa confianza nas forzas de esquerda ó conseguir o PSdG-PSOE 44.497 votos e o BNG 39.387. Progresistas Vigueses consegue 10.373 votos. Segundo os datos provisionais, estas catro forzas políticas obteñen representación no Concello e conformarán a próxima Corporación municipal que tomará posesión o vindeiro 14 de xuño.

A Corporación queda formada provisionalmente por 10 concelleiros do PP, 8 do PSdG-PSOE, 7 do BNG e 2 de PROVI.

Resultados:

PP (10 concelleiros)
52.598 votos--33,11%

PSdG-PSOE (8 concelleiros)
44.497 votos--28,01%

BNG (7 concelleiros)
39.387 votos--24,80%

PROVI (2 concelleiros)
10.373 votos --6,53%

Sen representación:
COVI: 3.955 votos--2,49%
EU-IU: 3.181 votos--2,00
PH: 465 votos--0,29%
IR.ERG.PCPG: 272 votos--0,17%

Totais:
Total votantes: 159.957--63,85%
Abstención: 90.553--36,15%
Votos en branco: 3.454--2,16%
Votos nulos: 1.109--0,69%

Fonte: Ministerio do Interior