venres, 30 mai 2003
O concelleiro de Vías e Obras en funcións, Uxío González, presentou o proxecto de humanización do contorno da praza de Compostela que reordena os usos dos viais e renova as redes de saneamento, abastecemento e servicios. O orzamento previsto é de 6.200.000 euros.
venres, 30 mai 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de expropiación de terreos para a ampliación da rúa Manuel Álvarez, un vial que une Ramón Nieto coa estrada vella de Madrid. En total vanse expropiar 5.488 m2 que corresponden a 79 propiedades diferentes. O proxecto de urbanización de Manuel Álvarez, que prevé a ampliación do vial a 14 metros de ancho, será sometido a aprobación a vindeira semana.
venres, 30 mai 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo principiou o proceso de modificación do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo para facer posible a instalación de Texvigo, o complexo que acollerá diversas industrias téxtiles e unha área de I+D.
venres, 30 mai 2003
A Concellería de Normalización Lingüística organiza dous actos con actividades infantís dentro do programa ¿Xogas? en galego podemos o domingo 1 de xuño ás 12:00 no adro da igrexa de Bouzas e no Calvario co fin de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos.
venres, 30 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentaba a programación do festival de Música de Vigo "ARE-MORE"-2003 que se desenvolverá dende o 28 de outubro ó 19 de decembro. O concerto de inauguración estará a cargo da soprano neozelandesa Kiri Te Kanawa e o de clausura a mezzosoprano Teresa Berganza.