O Concello reforma o Plan especial do porto para rematar as obras de "Abrir Vigo ao mar"
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a reforma do Plan Especial do Porto de Vigo co obxectivo de facilitar o remate dos proxectos incluidos no plan "Abrir Vigo ao Mar". Esta modificación conta coa anuencia da Autoridade Portuaria e do Consorcio da Zona Franca. Unha vez aprobada polo Pleno da corporación e publicada no DOG, o Consorcio da Zona Franca poderá tramitar o proxecto de construcción do novo centro comercial da Laxe.
As modificacións aprobadas son as seguintes:
- Adaptación da planta do edificio dotacional da praza da Estrela ao novo trazado da saída do paso inferior da rúa Areal.
- Delimitación do espacio, na zona leste do peirao de Trasatlánticos que posibilite a construcción da nova piscina do Real Club Náutico.
- Supresión da previsión de piscina na súa actual localización e establecemento dunha nova ordenación desa zona que compatibiliza espacios públicos, aparcadoiros e superficies de servicio ao porto deportivo.
- Realización de pequenos axustes no proxecto de Centro Comercial do peirao da Laxe, coa finalidade de garantir a máxima seguridade de saídas de emerxencia e dar resposta a demandas específicas deste tipo de inmobles.
No texto final da modificación puntual introduciuse, a petición dos servicios técnicos municipais da Área de Seguridade, Tráfico e Transportes o seguinte parágrafo: "deberase realizar un estudio de tráfico e accesos anexo ao proxecto de Centro Comercial e aparcamentos que será supervisado pola Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes".