¿Xogas en galego podemos? en Bouzas e no Calvario
A Concellería de Normalización Lingüística organiza dous actos con actividades infantís dentro do programa ¿Xogas? en galego podemos o domingo 1 de xuño ás 12:00 no adro da igrexa de Bouzas e no Calvario co fin de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos.
En Bouzas tres monitores encargaranse de ofrecer actividades de dinamización con paracaídas, un obradoiro de colgantes e xogos cooperativos como o dos “mouchos-carballos-lume” ou o dos “raposos máxicos”.
O obradoiro de pintura que se celebrará no Calvario consistirá en debuxar a partir da lectura do Principiño as aventuras das súas viaxes colocando frases que fagan referencia ao planeta onde se atopa nese momento o protagonista.
Os máis pequenos participarán nun xogo no que relacionarán aquelas palabras clave da obra de Antoine de Saint-Exupéry cos debuxos que realizou o propio escritor. A última actividade constitirá en vestirse con atributos propios do Principiño para trasladarse ao seu planeta e descubrir o pracer de viaxar a través dos libros.
Nestas actividades utilizaranse papeis, pinceis, témperas, ceras, textos impresos con distintas pasaxes do Principiño, moquetas, almofadas, teas para vestir, atributos para disfraces e debuxos de obxecto que aparecen no libro, entre outros materiais.