Escoitar

O Concello modifica o planeamento do PTL para posibilitar a instalación de Texvigo

O Consello da Xerencia de Urbanismo principiou o proceso de modificación do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo para facer posible a instalación de Texvigo, o complexo que acollerá diversas industrias téxtiles e unha área de I+D.

venres, 30 mai 2003
A modificación afecta a unha parcela industrial, e ás áreas cualificadas como "investigación e desenvolvemento" e "administrativa". A novidade principal afecta á parcela 9 da Zona Industrial I, na que se propón unha nova edificabilidade (2,35 m2/m2 en lugar dos 1,4 m2/m2 iniciais) e distintas condicións de ocupación, altura e rasantes. Con este cambio minórase o impacto visual das construccións, xa que se evita a creación dun talude de 27 metros de altura e se susbstitúe por unha edificación escalonada integrada na pendente. Asemade, prevese dentro da parcela unha praza de aparcamento por cada 133 m2 edificados.

A modificación introduce tamén condicións paisaxísticas como a obriga de que o vial de acceso interior dispoña de arborado ou que se creen áreas axardinadas.