Escoitar

Presentación do libro "Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo"

O concelleiro de Cultura, Carlos Principe, presentou o libro "Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo" de Xaime Garrido Rodríguez e José Ramón Iglesias Veiga e que edita o Cultura. O libro ofrece argumentos para descubrir outra mirada da cidade sobre a obra que grandes arquitectos deixaron como sinais de identidade.

venres, 23 mai 2003
1053692962arquitectura1.jpg
Imaxe da portada
A intención do libro é divulgar os valores da nosa arquitectura histórica, a través dun percorrido polos exemplos máis significativos da nosa arquitectura e pretende aportar claves para a comprensión dos diversos estilos que se dan cita nas nosas rúas e nos espacios periféricios, co fin de facilitar a súa comprensión, recoñecer os seus trazos, diferenciar a súa expresión singular,etc. Na selección de obras arquitectonicas optouse por incluír mostras representativas de tódolos estilos históricos.

A publicación cataloga 100 obras ó longo de 200 páxina. Editaronse 1.000 exemplares do libro que distribuirase, entre outros, ós centros de ensino públicos e concertados da cidade.

Segundo recolle o limiar do libro "Vigo posúe un destacado patrimonio arquitectónico, pouco coñecido e quizais menos valorado. Se ben o conxunto patrimonial máis importante ten a súa xénese na época de maior puxanza económica da cidade, a partir do ano 1880, existen mostras relevantes dos estilos históricos más antigos, dende o románico ó neoclasicismo. A cidade posúe un destacadísimo conxunto arquitectónico do período contemporaneo, que se inicia cunhas das mostras máis singulares do neoclasicismo galego na igresa da colexiata de Santa María, para despois dar acollida a tódolos estilos característicos desta etapa histórica: eclecticismo, historicismo, rexionalismo, modernismo, art decó, racionalismo,etc."
Descargar todas as imaxes