xoves, 22 mai 2003
O museo municipal de Vigo "Quiñones de León" e o Laboratorio Municipal presentan por primeira vez ao público a colección de instrumental científico e curiosidades pertencentes, a maior parte das pezas, á primeira metade do século XX.
xoves, 22 mai 2003
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes mercou un camión de bombeiros que dispón dunha escaleira que pode elevarse 33 metros, o que contribuirá a mellorar o servicio do corpo de Bombeiros. O investimento foi de 600.000 euros.
xoves, 22 mai 2003
A asemblea xeral da Real Federación Española de Tiro con Arco outorgoulle á Concellería de Deportes unha placa de honra polo apoio amosado a esta modalidade deportiva na cidade de Vigo.
xoves, 22 mai 2003
A concellería de Participación Cidadá acaba de editar a "Revista de Voluntariado" na que se recollen os puntos básicos das intervencións das últimas xornadas de voluntariado.
xoves, 22 mai 2003
Os nenos poderán participar nas actividades de ¿Xogas? en galego podemos o venres 23 de maio ás 18:30 na Casa da Xuventude de López Mora co grupo Touporroutou e na Ludoteca de Coruxo con Cabezolos.