venres, 23 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Principe, presentou o libro "Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo" de Xaime Garrido Rodríguez e José Ramón Iglesias Veiga e que edita o Cultura. O libro ofrece argumentos para descubrir outra mirada da cidade sobre a obra que grandes arquitectos deixaron como sinais de identidade.
venres, 23 mai 2003
O alcalde, Lois Castrillo, asinou un decreto para adxudicar as obras do tramo superior de Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, dentro do proceso de humanización do contorno de Progreso.
venres, 23 mai 2003
A cuarta edición do "Día do mozo" celebrarase o sábado 31 de maio con variadas actividades que principiarán ás 12:00 e concluirán ás 20:00 co concerto Rockoia. O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, enxalzou a implicación dos colectivos de Coia neste proxecto de dinamización.
venres, 23 mai 2003
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a terceira edición da Vigo Cup, un Torneo Internacional de Fútbol Base, que se celebrará do 29 de xuño ao 5 de xullo en Vigo e que este ano será especial pola numerosa participación, xa que acudirán máis de 200 equipos do panorama nacional e internacional.
venres, 23 mai 2003
A Concellería de Normalización Lingüística prosegue o programa de dinamización destinado a nenos de 4 a 10 anos que celebra o sábado 24 de maio unha xornada de xogos tradicionais ás 12:00 no parque da Bouza (Coia) e ás 18:30 na praza da Independencia con xogos e un obradoiro de pintura.
venres, 23 mai 2003
A Concellería de Muller continúa coa programación dos cursos sobre "Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal” e abrirá o prazo de inscrición para un novo curso impartido pola Escola de Mulleres Simone de Beauvoir.