A oficina de Estatística reforza o horario polas tardes para a obtención de volantes de empadronamento e posibles modificacións dos datos censuais
O Concello mantén aberto o departamento de Estatística para que os cidadáns poidan efectuar os cambios oportunos nos datos do censo electoral de cara os comicios do vindeiro 25 de maio e para a consecución de certificados de empadronamento para a inscrición dos escolares nos centro de ensino. O horario de apertura ao público é de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30. O prazo para posibles reclamacións ou correccións presenciais remata o luns 14 de abril.
Ademais da exposición pública dos datos do censo na lonxa do Concello para comprobar se son correctos, os cidadáns que queiran saber onde deben votar nas eleccións municipais do 25 de maio e verificalos poden facelo a través da páxina www.vigo.org. Con introducir o carné de identidade, se os datos son correctos, a páxina web municipal xa lle indica o nome, distrito, sección, mesa, colexio electoral, enderezo do colexio electoral e o número de elector asignado.
Outro sistema de comprobación dos datos do censo é chamar ao teléfono de información municipal 010. Ademais, os volantes de empadronamento pódense obter tamén a través da web municipal hoxe.vigo.org, na sección trámites en liña.
O Concello de Vigo é o primeiro de Galicia en incorporar o censo electoral á súa web. Esta iniciativa insírese nos esforzos emprendidos cara á administración electrónica, procurando unha maior axilidade na relación co cidadán.