O programa "Me Muevo" persegue a autonomía persoal das persoas discapacitadas
A Concellería de Benestar Social e a Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades que faciliten a integración social das persoas con síndrome de Down a través dun programa de autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do entorno.
Este é o cuarto ano que se asina este convenio mediante o que se realiza o programa "Me Muevo" que está dirixido e nenos e nenas con esa discapacidade partir dos 8 anos e ata a idade adulta. O custo do programa é de 3.005 euros.
A finalidade do programa é potenciar as habilidades necesarias para adquirir una autonomía urbana, logrando unha capacitación completa que permita desenvolver unha vida social e laboral, dando a oportunidade de que as persoas con síndrome de Down elixan os lugares onde levar a cabo a súas actividades de ocio do mesmo xeito que o realizan as persoas sen discapacidade.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, subliñou que "un dos aspectos máis importantes na educación dos discapacitados psíquicos é conseguir para eles unha autonomía persoal que lles permita alcanzar o maior grao de independencia posible. É fundamental por en marcha programas de intervención que ademáis de promover a adquisición de habilidades e coñecementos, aspectos adaptativos que afecten á raíz de tódolos comportamentos, adquisición de hábitos de autonomía e independencia persoal, habilidades sociais, coñecementos do entorno e comunicación".
A Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra está na rúa Manolo Martínez nº1 de Vigo e o teléfono é 986 20 16 56.