Escoitar

O Concello creará 220 prazas de aparcamento para motos

As prazas disporán de sinalización horizontal e vertical

mércores, 9 abr 2003
O Concello creará 220 novas prazas de aparcamento para motos nas rúas do centro da cidade. As prazas disporán de sinalización horizontal e vertical. Con esta medida preténdese facilitar o estacionamento do importante número de motos e motocicletas que circulan por Vigo, evitando que os conductores as deixen sobre as beirarrúas ou situadas entre coches.

A sinalización das zonas de aparcamento para motos comezará este mesmo mes. A súa ubicación será a seguinte:

Areal 15 prazas ; Barcelona 10 ; Carral 10 ; Castelar 10 ; Colon 10 ; Doutor Cadaval 10 ; Gerona 15 ; Gil 10 ; Marqués de Valladares 10 ; Oporto 10 ; Pablo Morillo 10 ; Paseo de Granada 10 ; Lepanto 10 ; Progreso 10 ; Rogelio Abalde 10 ; Rolda D. Bosco 10 ; Rosalía de Castro 30 ; Uruguay 10 ; Venezuela 10.