Sandra Álvarez e Pablo Conde gañan o II Concurso radiofónico Concello de Vigo
A quedada do pasado sábado celebrada no salón de actos da Escola de Peritos Enxeñeiros, e organizada polo foro VIGO 20 da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e a Universidade de Vigo, serviu como marco apropiado para desenvolver a final do II Concurso Radiofónico Concello de Vigo, levado a cabo, un ano máis, pola propia Concellería de Xuventude e a Fundación Radio ECCA.
A esta final chegaron tres mozas e tres mozos, que diante dun aforo ateigado de público que estaba a participar na quedada, tiveron que ler un texto elaborado para a ocasión, tendo que exercer o propio público como xurado, para avaliar as distintas intervencións.
Ó final, con máxima puntuación e de maneira unánime, Sandra Álvarez e Pablo Conde gañaron esta segunda edición do Concurso Radiofónico Concello de Vigo.
Na Sala Nashville, sita na rúa Carral, 3, o mércores 9 de abril a partir das nove da noite, realizarase a entrega dos premios, onde Sandra e Pablo recollerán unha cámara fotográfica dixital e unha gravadora de son, aínda que o mellor dos premios será ser os conductores do magazine Chimpa nas ondas, revista de información xuvenil que cada semana emite Radio ECCA, os sábados de 11:30 a 12 horas.
A festa de entrega de premios terá un broche de ouro coa actuación do grupo folk Vicus Spacorum. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.