Escoitar

O xoves iníciase o Ciclo de Música Sacra

Do 10 ó 13 de abril celebrarase a cuarta edición do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de Caixagalicia. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o programa dos catro concertos que terán como escenario a Concatedral Santa María de Vigo e o auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, con entrada libre ata completa-lo aforo.

martes, 8 abr 2003
1049802773sacra3.jpg
Programa
Carlos Príncipe destacou que "esta cita coa música sacra que iniciamos no ano 2000 seguirá sendo unha cita para todos os vigueses e viguesas amantes da música nos próximos anos e que poderemos dicir con orgullo que o Ciclo de Música Sacra de Vigo é o mellor de Galicia e o norte de Portugal, axudando a facer a nosa cidade mellor e máis atractiva cunha programación cultural de calidade".

Na presentación do ciclo de concertos contouse coa presencia do director do festival de Música Are-More, Roberto Relova; co director territorial de Caixa Galicia en Vigo, Alfredo Pérez de Juan, e co párroco da Colexiata, Moisés Alonso.

CICLO DE MÚSICA SACRA

10 de abril, xoves
Lugar: Igrexa-Concatedral de Santa María de Vigo
Hora: 21,00
JOSE ANTONIO CARRIL, Barítono
ENSEMBLE BARROCO DO CHIADO
Alvaro Pinto, violín
José Manuel Navarro, violín
Peter Krivda, viola de gamba
Marcos Magalhaes, clave

11 de abril, venres
Lugar: Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música.
Hora: 20,30
SINFONIETA DE VIGO
TERESA NOVOA, Soprano
NURIA LORENZO, mezzosoprano
JOAM TRILLO, director

12 de abril, sábado
Lugar: Igrexa-Concatedral Santa María de Vigo.
Hora: 21,00 horas.
AMANDINE MEYER, violín.
ENSEMBLE ARTE MÍNIMA

13 de abril, domingo
Lugar: Igrexa-Concatedral Santa María de Vigo.
Hora: 21,00
MERCEDES HERNANDEZ, Soprano
QUINTETO DE CORDA
Descargar todas as imaxes