Turismo e Educación poñen en marcha o concurso "Turismo na escola"
As concelleiras de Turismo e Educación presentaron o concurso "O Vigo do que presumo" destinado a estudiantes de primaria e secundaria obrigatoria.
A titular de Turismo, Lilian Álvarez, explicou que mediante este concurso se pretende que os nenos se identifiquen coa cidade e sirva de campaña promocional de Vigo.
A concelleira de Educación, Ana Gandón, dixo que a intencionalidade da actividade é a de que os rapaces se sintan orgullosos de formar parte de Vigo e descubrir valores diferentes da cidade vista polos ollos dos nenos. "Agárdase unha alta participación e o fomento da creatividade dos escolares", sinalou Ana Gandón.
Poderán participar no concurso todos os alumnos de centros escolares de ensino primario e secundario obrigatorio do Concello de Vigo. A participación é individual e cada concursante presentará un único traballo. Os alumnos de ESO poderán facelo cun debuxo e unha redacción ou optar por unha das dúas modalidades. O debuxo pode ir acompañado dun slogan ou un lema, mais non é obrigatorio.
O tema a desenvolver, tanto para os debuxos como para as redaccións, pódese escoller entre os seguintes:
a) ¿Como convencerías a un neno da túa idade, residente noutra cidade, para que viñese visitar Vigo?
b) ¿Atréveste a facer un debuxo dun cartel promocional de Vigo?
c) Debuxa o que creas que é o símbolo ou aquilo que resulte máis atractivo de Vigo para os turistas
d) Escribe ou debuxa o que máis che gusta de Vigo
O prazo para entregar os traballos concluirá o venres 25 de abril de 2003, ás 12:00 horas, no mesmo centro escolar do concursante.
Os premios serán os seguintes:
-Premio de debuxo para alumnos de primaria (seis premios, un por curso): Unha fin de semana de turista en Vigo en compaña dos seus pais nun hotel da cidade, 10 viaxes a Cíes e diversos agasallos.
-Premio de debuxo para alumnos de ESO (dous premios, un por ciclo): Unha fin de semana de turista en Vigo en compaña dos seus pais nun hotel da cidade, 10 viaxes a Cíes e diversos agasallos.
-Premio de redacción para alumnos de ESO (dous premios, un por ciclo): Unha fin de semana de turista en Vigo en compaña dos seus pais nun hotel da cidade, 10 viaxes a Cíes e diversos agasallos.
Entre todos os participantes sortearanse, ademais, cinco fines de semana en hoteis de Vigo, 10 viaxes a Cíes e diversos agasallos.
A Concellería de Turismo difundirá o nome dos gañadores nos medios informativos así como a data e o lugar no que que se procederá á entrega dos premios.
Descargar todas as imaxes