Escoitar

Castrillo recibe o presidente da Federación da Sociedade Galega de Arxentina

O alcalde, Lois Castrillo, entrevistouse con Francisco Lores, presidente da Federación da Sociedade Galega de Arxentina, co fin de coñecer a situación dos vigueses nese país.

venres, 4 abr 2003
1049459104Lores1.jpg
Castrillo e Lores durante a xuntanza
Lores Mascato explicoulle a Castrillo a situación dos residentes nacidos en Vigo que viven en Bos Aires e informouno da crise que padece Arxentina, pedíndolle que o Concello de Vigo apoie a este colectivo. O alcalde interesouse polos galegos residentes alí coñecendo a realidade dos emigrantes.

O Concello de Vigo estudiará programas de apoio destinados aos emigrantes retornados.
Descargar todas as imaxes