xoves, 3 abril 2003

Vigo celebra o Primeiro Congreso Internacional de Musicoloxía

xoves, 3 abr 2003

O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o Primeiro Congreso Internacional de Musicoloxía que se celebrará na Fundación Mayeusis os días 4 e 5 de abril e que leva por título "A ópera en Vigo". O congreso organizado polo Instituto de Estudios Vigueses, en sesións abertas, está enmarcado no proxecto da Unión Europea "European Musical Heritage and Migration" que desenvolve o Instituto da Música Latinoamericana e que está coordinado en España por Enrique Sacau.

Os premios de arquitectura Gómez Román serán bianuais

xoves, 3 abr 2003

O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.

Peche de tráfico na rúa Sanjurjo Badía

xoves, 3 abr 2003

Os días 4 e 5 de abril, entre as 8:00 e as 20:00 horas, estará pechado ao tráfico o sentido de baixada da rúa Sanjurjo Badía, no tramo entre Enrique Lorenzo e Julián Estévez, por mor das obras de reposición do firme.