O alcalde recibiu a ONG "Entrepobos"
O Concello participa nun dos seus proxectos en Ecuador

Lois Pérez Castrillo recibiu a Javier Villaverde, representante de "Entrepobos" en Ecuador, e a Xoán Rafael Vilas, secretario xeral da ONG. Na xuntanza, os membros da organización agradeceron a participación do concello vigués no seu proxecto sobre o manexo sustentable do bosque húmido, na rexión de Esmeraldas no norte do país, expondo o desenvolvemento do programa.
A iniciativa traballa para establecer un sistema de explotación racional dos recursos forestais que compense a deforestación con especies autóctonas que ofrezan, dunha banda, servicios ambientais e a conservación do contorno, e, da outra, a mellora da calidade de vida dos habitantes da zona.
Entepobos leva máis de dez anos traballando no eido da cooperación e da solidariedade cos pobos máis desfavorecidos. A organización realiza tarefas nos eidos da defensa dos dereitos humanos, educación, saúde e infraestructuras, sempre co apoio de colectivos e asociacións dos países empobrecidos, pois consideran que son as mellores coñecedoras das posibles respostas ás problemáticas locais.
Descargar todas as imaxes