O Verbum-Casa das Palabras terá entrada gratuíta en horario determinado de tempada baixa
Os visitantes de Verbum-Casa das Palabras poderán pasar gratis de outubro a maio a partir das 17:00 horas de martes a venres.
As tarifas de prezos públicos pola utilización de Verbum-Casa das Palabras recollidas na ordenanza aprobada no pleno do 31 de marzo establecen que cada visitante deberá pagar 5 euros, os grupos de máis de 20 persoas deberán aboar 3 euros, igual que determinados colectivos como xubilados, pensionistas, mozos con carné xove e nenos de 7 a 14 anos.
Poderán pasar gratuitamente os ensinantes, os menores de 7 anos de idade e as persoas que se acheguen despois das 17:00 horas de martes a venres entre o 1 de outubro e o 31 de maio.
Para a utilización do auditorio, a tarifa mínima ata media xornada de ocupación é de 500 euros e por xornada completa é de 1.000 euros.
Esta ordenanza entrará en vigor transcorrido o prazo previsto desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse o 1 de xuño de 2003.