Acondiciónanse espacios verdes da cidade e plántanse novas especies
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns realiza distintas actuacións na Gran Vía, Montero Ríos, praza de España e na praza da Miñoca.
Henrique Vieitez explicou que operarios do departamento de Parques e Xardíns rexeneran as praderías na Gran Vía e proximamente noutras zonas como Montero Ríos, Carmelitas ou no entorno da rotonda da superficie comercial de Coia.
"A rexeneración de praderías realízase mediante a escarificación, aireado, abonado e resembra en varias zonas da cidade", afirmou Vieitez. A superficie do céspede, debido ao uso do mesmo (pisoteado), o paso de maquinaria de sega, as frecuentes regas, características do chan sofre un deterioro constante en canto a permeabilidade que produce unha compactación do chan e fórmase unha costra na superficie. Os especialistas afirmaron que isto non é bioloxicamente conveniente, xa que pode orixinar o que se denominan asfixias.
Mediante a escarificación e aireado preténdese romper esta costra conseguindo así favorecer a penetración da auga, do aire e dos abonos, desenvolvéndose deste xeito o crecemento en profundidade das raíces.
Praza de España
Na praza de España acométese a segunda fase do acondicionamento do seu entorno. Na primeira fase construiuse un pequeno xardín, situado no treito enriba do túnel de saída a Gran Vía dirección Urzaiz. Alí habilitouse unha pequena parcela en semicírculo, con tres xardineiras de madeira con árbores e detrás, como facendo un muro, outras xardineiras mais pequenas de pedra que levan masas arbustivas.
Nesta segunda fase estase habilitando unha parcela entre a rúa Puerto Rico e a avenida de Madrid. Ademais da rampla para pasar os peóns, que xa está rematada, plantaranse un cedro e flores de tempada para dar cor e un seto.
Praza da Miñoca
Na praza da Miñoca plantáronse, esta semana, 31 cerdeiras en flor (Prunus serrulata "Kanzan"). Estas cerdeiras con flores moi vistosas foron plantadas onde está o parque infantil co obxectivo de dar sombra a este espacio.