Escoitar

Galiocio abre as súas portas no Instituto Feiral de Vigo

O alcalde, Lois Castrillo, inaugura no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) a primeira edición de Galiocio, o Salón do Tempo Libre, que organiza a empresa Planner&Proceltha, e no que estarán representados máis dun cento de expositores procedentes de distintos puntos de España e Portugal.

mércores, 2 abr 2003
O certame, que ocupará máis de 15.000 metros cadrados, contará cunha ampla presencia de empresas relacionadas cos sectores implicados nas diferentes ofertas de ocio que hoxe pode disfrutar toda a familia.

Dende as actividades lúdicas ás deportivas, pasando pola electrónica de consumo, a automoción, o turismo, a gastronomía, a lectura ou a astronomía, estarán presentes no recinto ferial neste salón que se marca como obxectivo chegar a todo tipo de público.

A astronomía terá un espacio propio na entrada do recinto gracias a Asociación Galileo Galilei, que pretende achegar ós visitantes o concepto de que a Terra e o universo están interrelacionados e non poden existir o un sen o outro.

No salón de astronomía poderanse ver meteoritos propiedade do Museo Nacional de Ciencias Naturais e que actualmente se atopan en Vigozoo. Ademais o mesmo parque será protagonista no certame, xa que os visitantes poderán coñecer, mediante un vídeo, as instalacións e servicios cos que conta o noso zoo, que se pretende converter nun Parque de Ciencias Naturais.

A feira permanecerá aberta dende o 3 ó 6 de abril.