Escoitar

Vigozoo reforza a súa faceta educativa e de investigación

O alcalde, Lois Castrillo, presentou as novidades que se están a introducir en Vigozoo cara a súa transformación nun parque de ciencias naturais no que, ademais da exhibición de animais, se realicen tarefas de educación ambiental e de investigación científica.

martes, 1 abr 2003
10491990181zoo1.jpg
Visita ao zoo
Para iso púxose en marcha unha sala de proxeccións, diversas aulas, un planetario e o vindeiro mes comezará a funcionar unha granxa-escola.

No que vai de ano, xa pasaron polas instalacións de Vigozoo catro mil escolares, que participaron en actividades formativas relacionadas coa natureza. Asemade, no zoo vigués traballan nestes momentos equipos de investigación de diversas universidades.

O impulso da faceta educativa e científica de Vigozoo é unha das melloras máis significativas que experimentou este parque de ocio. Proximamente, coa entrada en funcionamento da granxa-escola, ampliarase a oferta formativa para os escolares ao tempo que Vigozoo se suma aos programas de recuperación de fauna autóctona galega.

Asemade, continúan as obras de mellora do zoo. Rematou xa a construcción do peche perimetral do parque. Elimináronse as barreiras arquitectónicas e acondicionáronse diversos recintos de animais. A próxima obra de mellora consistirá na construcción dun recinto para os linces que lle permita a estes animais dispor de maior espacio, xa que na actualidade están confinados nunha gaiola.
10491990181zoo1.jpg
10491990921zoo2.jpg
10491991311zoo3.jpg
10491993161zoo4.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información