O Pleno rexeita a guerra de Iraq e defende os valores da cultura da paz
Os concelleiros da Corporación municipal, agás os do grupo do Partido Popular, aprobaron unha moción no pleno celebrado hoxe relativa ao conflicto armado contra Iraq, na que manifestan a súa reprobación sobre a implicación española no devandito conflicto e declaran que Vigo non se sente representado pola política exterior que o goberno do Sr. Aznar está a practicar neste asunto.
A Corporación solicita ó goberno de España que lle propoña ós demais gobernos implicados na agresión, que poñan a resolución do conflicto nas mans da ONU. Tamén insta ó Goberno a non participar, de ningún modo, de forma directa ou indirecta, nas operacións militares que se levan a cabo en Iraq, nin conceder autorizacións de uso de bases ou do territorio español en apoio destas.
Acordou instar ó Goberno a realizar os chamamentos precisos e adoptar as medidas que sexan necesarias para que cese o máis rápido posible, en todolos ámbitos bilaterais e multilaterais. En concreto, o Goberno promoverá a convocatoria dunha reunión do Consello de Seguridad de Nacións Unidas e a adopción por este órgano dunha decisión dirixida á solución pacífica da crise mediante o pulo e o reforzo do proceso de inspeccions e a formulación dun programa de traballo polos equipos de inspección e verificación.
A Corporación sumouse ó manifesto redactado polos centros de ensino adscritos ó Programa Educativo Municipal Aprender a Convivir no que se reafirman na determinación de seguir educando ás futuras xeracións nos valores dunha cultura de paz e nas leis educativas, e mostrando o rexeitamento a esta guerra.
Neste senso os concelleiros e concelleiras manifestaron o apoio á práctica permanente da libertade de expresión nos centros educativos de acordo cos valores democráticos e a defensa da xustiza e a cultura da paz.
Descargar todas as imaxes