Escoitar

Presentación do conto de Carlos Casares "O galo de Antioquía"

O concelleiro de Cultura, Carlos príncipe, a viuva do escritor Kristina Berg e Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia presentaron hoxe ós medios de comunicación O galo de Antioquía, un conto de Carlos Casares que non tivera ocasión de chegar ó gran público, porque con anterioridade se publicara de xeito minoritario en revistas e coleccións privadas.

xoves, 27 mar 2003
1048772918galo11.jpg
O galo de Antioquía
Esta nova edición, con ilustracións a toda cor de Andrés Meixide e limiar de Hakan Casares Berg, o fillo maior do escritor, editouse en tapa dura e gran formato e xa está á venda en todas as librerías de Galicia.

Coa engaiolante prosa á que nos ten afeitos e a inevitable referencia ás súas terraslimiás, o escritor deixounos esta nova mostra da súa grandeza literaria que pecha o canon da súa obra creativa.

Por outra banda, no mesmo acto presentouse unha nova edición de "Un polbo xigante", conto xa publicado por Galaxia en 2000, ó que agora se lle engade un CD coa gravación das palabras do autor.
1048772918galo11.jpg
1048772954polbo11.jpg
Descargar todas as imaxes