Escoitar

Deporte súmase á homenaxe a Gudelj

A concellería de Deportes do Concello de Vigo sumase ó chamamento de distintas entidades, compañeiros e amigos para apoiar a homenaxe que o xoves día 27 se lle renderá ó xogador Vlado Gudelj.

mércores, 26 mar 2003
O concelleiro de Deportes vén de afirmar que a figura humana de Gudelj destaca por enriba incluso de todos os seus éxitos persoais; esto queda demostrado coas continuas axudas e actitudes positivas deste xogador con distintas asociacións e entidades benéficas da nosa cidade, apoiando así mesmo coa súa presencia innumerables eventos que se organizan en Vigo cara ó deporte de base en xeral.

Así mesmo, o concelleiro de Deportes lembra a colaboración e o contacto directo que Gudelj esta a ter coa propia Concellería sempre con ánimo de botar unha man e axudar en todo o que se lle propón.

Sería imposible nestas liñas, facer un relatorio de todas as actividades ou de todas as colaboracións que Vlado Gudelj ten realizado na cidade. Quede como mostra, o feito de que no propio día da súa homenaxe decida doar toda a recadación para unha asociación que desenvolve unha actividade tan importante, como é a loita contra o cancro.

Por todo isto, esta Concellería anima os cidadáns a asistir a esta merecida homenaxe a a aplaudir a este excelente futbolista e mellor persoa.