Escoitar

A revista "Consumo" analiza o control alimentario

A Concellería de Sanidade e Consumo editou un novo número de "Consumo" con consellos, lexislación e información dos servicios municipais existentes neste ámbito.

martes, 25 mar 2003
Unha reportaxe sobre o tratamento aplicado no museo Quiñones de León para a eliminación de axentes patóxenos, a picaresca dos teléfonos 906, unha entrevista co concelleiro Santiago Domínguez, información sobre a acción do voluntariado ante a marea negra, consellos de alimentación e a normativa reguladora das tinturerías son algúns dos temas analizados.

A publicación contén, ademais, os signos que determinan a calidade de peixes e mariscos e a lexislación europea existente en materia de alimentos. A utilización da folla de reclamacións como xeito de defender os dereitos dos consumidores, entrevistas co xefe do servicio de desinfección e co responsable da área de consumo da Federación veciñal "Eduardo Chao", información do sistema de recollida de lixo ou a clasificación das fontes segundo a súa potabilidade son algunhas das informacións contidas na revista. Receitas de cociña e enderezos de interese completan esta publicación.