Instálanse novos xogos nos parques infantís
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns está colocando novos xogos adaptados á normativa europea en varios parques infantís da nosa cidade.
O departamento de Montes, Parques e Xardíns seguindo o programa de remodelación e instalación de novos parques infantís está a levar a cabo a colocación de novos xogos adaptados a normativa europea nas seguintes zonas:
-Proximidades do Colexio Andersen (Valadares)
-Proximidades da igrexa de Valadares
-Rúa Arbo (Coia)
-Rivas (Matamá)
-Cabalaria (Sampaio)
-Cruceiro (Beade)
-Biblioteca Freixo (Valadares)
Os xogos que se están a instalar cumpren os requisitos de seguridade esixidos en canto aos materiais utilizados na súa elaboración e o seu deseño. O custo total destes xogos é de 25.843,52 euros.
Durante este mandato, o Concello renovou completamente os parques infantís de Vigo, de forma que na actualidade todos cumpren a normativa de seguridade europea. Asemade, construíronse novas áreas de xogo en zonas da cidade densamente poboadas e que carecían de equipamentos deste tipo. Neste proceso, o Concello investiu preto de 800.000 euros.