Escoitar

Exposición sobre a radio no Museo Liste

O Museo Liste Vigo presenta dende o 25 de marzo ó 30 de abril a exposición temporal “Da galena ó transistor”, continuando así coa serie dedicada ó coleccionismo privado.

luns, 24 mar 2003
1048511495radio.jpg
O coleccionista, Ángel de Prado
A mostra supón un percorrido cronolóxico dende as primitivas galenas dos anos 20, ós aparatos máis modernos de tecnoloxía dixital.

Tódalas pezas expostas -en torno a 80- son propiedade do coleccionista Ángel de Prado Sierra, e supoñen un traballo de investigación e recuperación ó longo de moitos anos. A exposición acompáñase ademais de catálogos, folletos publicitarios, carteis, así como diversos intrumentos: comprobadores de válvulas, manipuladores morse, auriculares, ou aparellos de medida.

A sede do museo atópase na rúa Pastora, nº 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.

Horario:
Martes a sábado: 11h-14h / 17h-19h
Domingo: 10h-14,30h
Luns: pechado
As visitas fóra do horario establecido deberán concertarse previamente no teléfono 986 244 698.
Descargar todas as imaxes

Máis información