Participación imparte cursos de internet co fin de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías
A Concellería de Participación Cidadá vén de presentar ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía o proxecto "As novas tecnoloxías ó servicio da cidadanía do século XXI" aprobado dentro do Programa de Alfabetización Dixital, no que o ministerio lle cede á concellería vinte ordenadores portátiles para impartir cursos de "Internet para todos".
En próximas datas realizarase a convocatoria de cursos de "Internet para todos" totalmente gratuítos, de 15 horas de duración e que permitirán ós participantes coñecer as posibilidades da rede global "internet" e se expedirá un "carné de internauta" persoal e intransferible homologado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e a Concellería de Participación Cidadá.
Esta actuación da Concellería de Participación Cidadá, cobre unha das necesidades básicas da cidadanía como é o acceso fácil ás novas tecnoloxías da comunicación, e unha forma de facilitar o acceso é coñecer o seu funcionamento.Todos os veciños e veciñas precisan dunha nova formación e dun xeito importante aqueles colectivos máis desfavorecidos, pola súa situación dentro da cidade (rural), como pola escasa oferta de formación específica dedicada a eles (nenos, amas de casa, maiores,etc).
A administración local, como administración de proximidade, atópase nunha moi boa situación para liderar esta nova sociedade, é polo tanto unha oportunidade para imaxinarse a sociedade do futuro e, crear un contorno de coñecemento das novas tecnoloxías que lle permita á cidadanía o acceso á información a través de internet.
Os cursos realizaranse nos centros cívicos de Teis e do Casco Vello. Poderase ampliar a colaboración na impartición dos cursos ás asociacións viguesas que dispoñan de locais para un mínimo de 10 alumnos e de conexión a internet de banda ancha (ADSL, cable de fibra óptica ou RDSI).
A primeira fase do convenio finaliza o 16 de xuño, e poderase prorrogar por períodos anuais; nesta fase formaranse un mínimo de 200 internautas.