Escoitar

Calendario do circuito galego de Surf 2003 <br />

O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o campionato galego de Surf que se celebrará de marzo a novembro deste ano que organiza a Federación Galega e Juvesport e que consta de nove probas puntuables.

venres, 21 mar 2003
O circuito galego de surf 2003 será por segunda vez un circuito aberto no que poderan competir deportistas de calquera comunidade ou país. O circuito englobará as categorías e modalidade de: surf, bodyboard e longboard open; surf e bodyboard junior, infantil e feminino.

O calendario de competicións é o seguinte: 22 e 23 de marzo na praia de Orzan en A Coruña; 12 e 13 de abril praia de Montavo en Sanxenxo; 24 e 24 de maio paria de Vilar de Ribeira; 21 e 22 de xuño praia de Razo de Carballo; 5 e 6 de xullo praia de Doniños en Ferrol; 30 e 31 de agosto praia de Soesto en Laxe; 21 e 22 de septembro praia Area de Viveiro; 11 e 12 de outubro praia de Bastiegueiro de Oleiros e 22 e 23 de novembro praia de Patos en Nigrán.

O requisito indispensable para participar no campionato é ter a licencia de federado de 2003, expedida por calquera Federación de Surf. O prezo da inscrición por campionato é de 15 euros para a categoría Open e 10 € para junior, infantil, feminino e longboard.