A compañía Noescafé-teatro sube ó escenario no Festival Alternativo de Teatro
"Genuglexxión" é o título da obra que a compañía Noescafé-teatro pora en escena no Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural. A función será o venres 21 de marzo ás 21:30 horas no auditorio municipal; o prezo da entrada é de 5 euros.
"Genunflexxión" é unha reflexión sobre o poder, a corrupción, a opresión, sobre as baixezas humanas... Unha reflexión baixo os soños, a amizade e o poder do sexo... flexión, reflexión, “xenuflexxión”. Nun espacio en construcción, baixo a sombra da propia conciencia, a ritmo de cabaré ás veces, de tenrura outras e sempre coa inocente sombra da política como xogo. Uns personaxes absurdos buscan e atopan. Todos teñen un destino común.
¿Hai algo que dea máis medo que ver os soños cumpridos?
Elenco actoral: Sonia Salgado, Julián Rodríguez, David Gundín, Lola Correa e Mónica Regueiro
Textos: Lola Correa
Coreografías: Julio Iglesias
Comisario cultural: Roberto Taboada
Dirección: Lola Correa, Gaby & Gaby e Noescafé-Teatro
A compañía Noescafé-Teatro naceu nos menceres do novo milenio tentando abrirse camiño nun mundo teatral cheo de contrariedades; se me pagas, dígoo.
Pero Noescafé-Teatro, negando o seu propio apelativo consolidouse como grupo de bar, de café, achegando o espectáculo teatral, antes embutido en vellos xustillos, e mirando de levalo onde o público o recibise nun ambiente próximo e tamén duro ás veces.
Despois da grande acollida de "Stereólogos" viría "Sinfólico", no que apostaron polo ritmo de cabaré-protesta denunciando o seu propio medio: a miseria que se vive moitas veces no mundiño teatral. Agora, nos brazos do teatro no seu estado máis puro, Noescafé continúa a súa habitual liña de denuncia facendo unha "xenuflexxión".
Os actores cambian, pero non a ideoloxía inicial do grupo que é aquela de ser consecuente cunhas ideas, de reafirmar, de dicir, de facer pensar e de non prostituírse endexamais: "Anquilosado, o teatro múrchase e morre". Noescafé-Teatro quere, aínda que sabe que non é tarefa doada, seguir abríndose un camiño independente, loitando contra aqueles que quixeron esmagalo por intereses propios e lucrativos ou desintereses emocionais (que de todo hai na vida teatral).
Séntense orgullosos, felices, sabendo que nunca é rápido o éxito nin o recoñecemento dos que optan pola integridade e o non conformismo.