Escoitar

O venres remata o prazo para participar no IX festival folclórico internacional "Concello de Vigo" <br />

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural vai programar un ano máis o Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo", que ten como obxectivo fomentar e promocionar o noso folclore.

xoves, 20 mar 2003
As actuacións vanse celebrar en cinco escenarios ou recintos de actuación entre o 18 e 24 de xullo, e por iso se convoca un concurso no que poderán inscribirse todas aquelas entidades ou asociacións de carácter sociocultural de Vigo que estean interesadas en acoller un destes espectáculos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse ata mañá, venres, 21 de marzo, e os escenarios que se propoñan deben ter unhas dimensións mínimas de 10 metros de longo por 10 metros de ancho e por 1 metro de alto. A conexión eléctrica terá unha potencia mínima de 100.000 watios.

As instalacións deberán contar tamén con cadeiras e camerinos próximos ó escenario, convenientemente equipados e cunha capacidade mínima para 30 persoas cada un deles.

O Concello aportará equipo de luz e son necesarios para o bo desenvolvemento do festival; tres grupos folclóricos, elementos publicitarios etc.