As cidades portuarias reclamanlle á Unión Europea que adopte políticas de seguridade marítima
"As cidades, os portos e os riscos ambientais" foi o tema que centrou as ponencias de hoxe do primeiro seminario internacional "Relacións Porto-Cidade no espacio atlántico europeo" que se está a desenvolver no auditorio municipal e que preside o Concello de Vigo.
A xornada comezou coa exposición de Ricardo Beiras, profesor da áera de Ecoloxía na Facultade de Cieincias do Mar da Vigo sobre os problemas ecolóxicos causados polo tráfico marítimo no ámbito das cidades portuarias. Neste senso, o concelleiro Xaquín de Acosta lembrou a declaración que se asinou en Cork sobre o afundimento do "Prestige" na que se aprobaba a necesidade de que as autoridades europeas procedan á creación dun fondo especial de compensación para a castástrofe, a implementación nos mellores prazos da Axencia Europea de Seguridade Marítima que debería contar cunha representación nas zonas máis sensibles da fachada atlántica e con medios humanos, tecnolóxicos e materiais para a prevención e para reaccionar con rapidez ante calquera situación de crise.
Pola súa banda, Jacques Mangold, director xeral de VIGIPOL (sindicato mixto de protección do litoral Bretón) explicou, en relación ó impacto das mareas negras na vida das cidades, que esta organización pretende dous obxectivos que son previr a contaminación derivada do tráfico marítimo analizando e denunciando ante os órganos decisorios, as irregularidades suceptibles de pór en perigo a seguridade do litoral e defender os intereses das colectividades do litoral sometidas a unha contaminación marítima.
Mangold explicou que "tras unha rápida análise dos datos relacionados co tráfico marítimo e as maneras na que se exerce a seguridade, VIGIPOL extraeu algunhas ensinanzas da sucesión de mareas negras e proporá un chamamento ás poboacións litorais a nivel europeo para que a Unión Europea adopte realmente unha política de seguridade marítima capaz de respostar ó desexo de todos: ¡Nunca máis!
As xornadas rematan o venres coa reunión da Comisión de Cidade Portuarias do Arco Atlántico na que participan representantes de cidades como Donosti, Gijón, Oporto, Faro, Aviles e Vigo e que estudiarán as conclusións do seminario e as próximas actuacións.