Un xardín ocupará o treito superior da rúa Juan Ramón Jiménez
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de obras para a urbanización do treito superior da rúa Juan Ramón Jiménez, o comprendido entre Marqués de Valterra e Conde de Torrecedeira. Trátase dun lugar rodeado de edificacións, con forte desnivel e que actualmente está ocupado por un gran montículo de terra. Na zona construirase un xardín e unhas escaleiras que salvarán a diferencia de cota entre Torrecedeira e Marqués de Valterra.
A zona que se urbanizará é un punto de interese arqueolóxico, polo que o proxecto contén as cautelas precisas. O movemento de terra terá que facerse a man. O xardín ubicarase na rasante de Marqués de Valterra e disporá de arborado, bancos, un bebedoiro e alumeado público. O proxecto prevé tamén o soterramento da liña aerea de baixa tensión que cruza a zona. O presuposto da obra é de 102.070 euros.
A Xerencia concede licencias para a construcción de dous edificios en Finca do Conde
O Consello da Xerencia de Urbanismo autorizou a construcción de senllos inmobles nas parcelas 2A e 2B do PEPRI III-02 Finca do Conde. Os edificios xemelgos terán 15 alturas,albergarán 114 vivendas cada un e disporán de tres sotos comúns para garaxe-aparcamento. O orzamento de execución supera os seis millóns de euros.