Declaración do Concello de Vigo ante a guerra en Iraq
Numerosas persoas concéntranse na praza do Rei

Asistimos con estupor e profundo horror ao comezo dunha guerra, outra máis, que provocará morte e dor. Aludindo a supostas ameazas, o goberno arrástranos a un ataque militar cruel, sen xustificación e contra o sentir maioritario que a poboación manifestou unha e outra vez nas rúas do noso país.
Aínda condenando con enerxía o rexime dictatorial de Sadam Hussein, non hai argumentos que xustifiquen a masacre que está comezando a sufrir o povo iraquí. Non hai motivos para acabar coa vida de milleiros de homes, mulleres e nenos. Non hai razóns para esta acción bárbara.
A comunidade internacional oponse maioritariamente a esta guerra e así o fixo patente na Organización das Nacións Unidas. Por iso aínda é máis incomprensible e totalmente inaceptable que o goberno español se burle da legalidade internacional colocándose ao carón dos Estados Unidos e apoiándoo no seu afán por impoñer as súas reglas do xogo por riba da opinión dos organismos internacionais.
Esta guerra só ten un obxectivo, consolidar o papel de Estados Unidos como potencia mundial que se permite prescindir dos organismos internacionais e impoñer gobernos tutelados nunha zona de alto valor estratéxico. Con esa fin desenvólvese unha guerra que enfronta unha forza militar sen parangón contra un país empobrecido.
Asistimos de novo á escenificación da loita do forte contra o feble e lamentamos que o goberno español se apreste a axudar ao poderoso de forma entusiasta sabendo que a súa acción provocará morte e máis miseria.
A guerra é lamentablemente un feito. O que nunca poderán afirmar é que a están facendo no noso nome. A nosa voz seguirá clamando con forza, sen dúbidas, coa convicción de que é a postura máis ética e razonable, NON Á GUERRA.