Escoitar

O Ifevi acollerá Salón da hostalería e alimentación

O concelleiro de Consumo, Santiago Domínguez, sinalou o carácter transfronteirizo deste salón e as sinerxias do contacto directo entre usuarios e empresarios para a preparación de profesionais que redundará na calidade dos servicios que ofrecen.

xoves, 20 mar 2003
1048164541ss1.jpg
Cartel
O Salón da hostalería e alimentación do atlántico celebrarase do 29 ao 31 de marzo no recinto feiral do Ifevi, en Cotogrande. Contará con 104 expositores que exhibirán 400 marcas nacionais e internacionais e importantes equipamentos de hostalería e alimentación.

Ademais da exposición, están organizadas xornadas técnicas concibidas como un espacio de interacción que sirva de foro entre persoeiros, investigadores e profesionais do sector. Convócanse tamén un concurso de axudantes de cociña e outro de repostería, ademais de render homenaxe a restauradores de prestixio e catas de viño comentadas.

A provincia de Pontevedra dispón de 12.000 negocios de hostalería, dos que 6.000 se asentan en Vigo. Santiago Domínguez indicou que este salón favorecerá as relacións Galicia-Portugal debido ao seu carácter transfronteirizo, as sinerxias producidas polo contacto directo entre usuarios e empresarios para a preparación de profesionais que redundará na calidade dos servicios que ofrecen e será un referencte da cidade e dos empresarios coa súa consolidación como un gran salón da hostalería e alimentación que lidera a Eurorrexión.

A delegada provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, Rosana López, sobranceou a colaboración entre administracións e afirmou que este salón impulsará o turismo de negocio e o negocio do turismo, nunha ocasión que servirá para amosar o potencial do turismo gastronómico.
Descargar todas as imaxes